17/05/2015
Neste día das Letras Galegas que mellor maneira de homenaxealo que ir facer o que realmente me gusta. Por primeira vez recorrerei os camiños desta illa descoñecida para min. Sí, qué ilusión me fai. Correr por unha illa. Descubrila paso a paso. Disfrutala metro a metro. Sufrila kilómetro a kilómetro.
Todo este domingo será algo novo, algo diferente.
Nunca antes tivemos que madrugar tanto. Ás seis e media da mañá xa soaba o reloxio para que nos puñeramos a punto.
Todo eran presas, carreiras dun lado a outro da casa preparando todo e esperando non esquecer nada.
Todo a punto. Imos aló. Espérannos unha hora e media de longa viaxe. Nesta ocasión iremos sós. Os pequenos da casa esperarán o noso regreso cos avós. ¡Qué fariamos sen eles!
E chegamos a Bueu. Despois de moito percorrer estamos aquí. Neste municipio que se atopa ó norte da península do Morrazo. Aquí estamos á beira do mar, deste océano tan inmenso. Despois de recoller o dorsal e maila bolsa do corredor dispoñémonos a embarcar no primeiro dos barcos que nos trasladarán á illa de Ons.
Despois de media hora de viaxe chegamos ó porto. Esta fermosa illa danos a benvida. Temperaturas agradables.
Deixamos as mochilas e dispoñémonos a coñecer esta illa un pouco mais. Plan turístico total. Corredores aquí e acolá. Música para amenizar esta mañá de domingo.
Pensei que non ía coñecer a ninguén. ¡Qué equivocada estaba!
¡Qué ilusión me fixo atoparme con Antonio, Leti, Iván, Erik, Sira, Lucia, María e mailo seu home, Jose Adolfo...!!!
Xuntos nesta aventura.
Despois do discurso de benvida dannos unhas pautas de comportamento que por outra banda xa debían ser de lóxica aplastante, sobretodo no canto ó respeto á natureza deste parque .
11.30 e comeza todo. Desta vez apostei por un chaleco con bidóns de líquido. Serán 19 kilómetros intensos e baixo un sol que promete darnos calor.
Imos alá. Pasiño a pasiño. Entrenamento total. O plan e sufrir sen arriscar demasiado. Coidando cada paso. Sen dar un movemento en falso. Sumando kilómetros e calculando cada pisada para non esquinzar un nocello. Acumulación de kilómetros. Sabios consellos do adestrador que levarei a cabo.
Daremos dúas voltas á illa. Unha grande e outra máis curta.
Trote suave, buscando sensacións, administrando forzas para o percorrido que nos agarda. Despois de deixar atrás o Pozo do Inferno e numerosas subidas que poñen a proba as nosas pernas e a nosa vontade, chegamos ó punto de partida. Primeira volta rematada. Canto sufrimento.
Moitos ánimos da xente que se concentra neste punto. A idea de parar ronda pola miña cabeza. Rebule, rebule. Ó final decántome por seguir. Rematala sen máis. Restan 9 km. Suspiro. Collo folgos e adiante. O corte da carreira farase nas dúas horas e cuarto. ¿Conseguireino? Intentareino.
Xa na primeira volta os avituallamentos se fixeron escasos, non porque non houbese senón pola cantidade de auga que nos daban, ese era o meu grande medo. Os meus bidóns ían baleiros. En fin.
Pouco a pouco imos restando kilómetros, pouco a pouco seguimos ascendendo ata o faro. Arriba e máis arriba. Faise eterno. Desta xa vou camiñando. As forzas flaquean. Menos mal que corre aire por esta zona de acantilados. Menos mal.
A xentiña dende as súas casas estiraban mangueiras e refrescábannos. Foi incríble o bo trato que tiveron connosco.
Xa vexo o Faro. Xa remataron as subidas. Só queda baixar. As pernas non responden nin cara abaixo, jeje.
Punto e final ó terreo inestable. Comeza o asfalto. Agora sí disfruto. A medida que continúo estrada abaixo vou divisando os tellados das casiñas que nos viron partir. Na miña cabeza un "xa acabei". Xa vexo a meta. Despois de xustamente dúas horas e cuarto volvín onde se iniciou todo. Cheguei onda ti, Vicente. Fíxeno.
Estou feliz, cansada, agotada pero feliz.
Agora toca disfrutar da illa, do entorno ata as cinco, hora na que poremos rumbo a nosa casa.
En Ourense agárdannos o mellor premio. O cariño dos nosos fillos.
Gracias a Erik e a María polas fotos e por eses ánimos.
Vémonos na seguinte.
martes, 19 de mayo de 2015
II VOLTA Á ILLA DE ONS
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario